A optimizacións dos tratamentos silvícolas das masas forestais con leva unha redución de gastos e un incremento da produtividade.
A revalorización da biomasa forestal residual na produción de enerxía, elaboración de fertilizantes e camas para o gando con leva un aporte de ingresos.
Poder analizar diferentes alternativas como destino final da biomasa permítenos deslocalizar os subministros e minimizar o impacto económico asociado ao transporte.
Mellorando a prevención de incendios forestais reduciranse as elevadas perdas económicas asociadas a xestión dos mesmos, é dicir, gastos en prevención e extinción, protección post-incendio do chan e a restauración dos ecosistemas afectados.
A dispoñibilidade de biomasa forestal residual a disposición do sector de xestión de residuos permitirá un aforro no proceso de xestión dos mesmos.