Xeración de postos de emprego directo na realización de tratamentos silvícolas, revalorización da biomasa forestal resultante e transporte e loxística da mesma.
Reactivación de traballos complementarios ao aproveitamento madeireiro como o cinexético, micolóxico, resineiro… así como unha mellora no sector turismo ao fomentar actividades de recreo e desfrute ao aire libre asociadas a este tipo de ecosistemas.
O incremento de valor das masas forestais existentes e a reconversión das superficies abandonadas fomentará unha industria local e, por tanto, unha fixación da poboación en zonas rurais e maior actividade turística.